A Fábrica da luz

a fábrica da luz A comezos dos anos 60, os …

a fábrica da luz

A comezos dos anos 60, os veciños de Vilor lle Vilela decidiron colaborar entre eles pra poder ter o seu propio subministro de luz. Financiaron lle construíron entre todos eles unha pequena centraliña hidroeléctrica ó pé do riu Ser, ca que produciron a primeira electricidade que chegou ás súas casas. Estamos a estudar a viabilidade de aproveitar as construciois existentes, os restos do banzado de derivación e a canle de alimentación, pra voltar a aproveitar os excedentes do riu Ser. Facelo sen prexudicar o caudal ecolóxico, pra producir, esí, enerxía renovable e sen emisiois ca que abastecer a aldea enteira e algunhas veciñas. Pretendemos soterrar a tubaxe e a liña de abastecemento enerxético, converter a canle actual nun sendeiro peonil do riu.

Dende a Asociación Ser cremos nas enerxías renovables como base e motor de desenvolvemento sostible. Queremos ser pioneiros lle atrevernos a experimentar ca máis innovadora tecnoloxía lle divulgar os resultados obtidos buscando a sensibilización lle a replica do modelo.