A apicultura é unha das actividades económicas máis importantes da zona dada a rica flora dos nosos vales e montañas.
Trátase dunha apicultura tradicional de pequena escala adaptada ó territorio, que non padece os efectos da contaminación doutras zonas causada pola agricultura intensiva lle o emprego de insecticidas. Outro factor diferencial dos nosos pequenos asentamentos apícolas con respecto ás grandes explotaciois é que permiten a convivencia con outros polinizadores do territorio (fóra da abella melífera) lle preservan así a biodiversidade do lugar.
A Asociación Ser conta con dez colmeas lle un equipo de esmelga cos que pretendemos propoñer obradoiros de formación que melloren as prácticas apícolas lla calidade do mel dos profesionais locais; reforzar así a asociación da Marca Ancares á calidade do seu mel e ó valor medioambiental da súa produción. Outros obradoiros promoverán a incorporación de novos produtores a esta cultura de mel de autor.
Este proxecto realízase en colaboración co apicultor e docente Alberto Uría, de El país del abeyeiro.