Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento xa pasou.

Construción da cabana do árbore de Vilela

octubre 1, 2025 / 08:00 - octubre 25, 2025 / 17:00

O filandón denominaba tradicionalmente as reunións veciñais nas que mulleres e homes realizaban traballos manuais mentres compartían historias e cantaban arredor do lume da lareira. A través desta iniciativa, preténdese crear un espazo de encontro, lecer e coidado compartido para as nenas e nenos da comarca.

Estas actividades buscan dar resposta, por unha banda, á necesidade da infancia de relacionarse e compartir xogos cos seus iguais fóra do horario escolar e, por outra, á necesidade das familias de atoparse, compartir inquedanzas, experiencias e aprendizaxes arredor dos coidados.

Nesta xuntanza proponse a construción comunitaria dun cabano nun castiñeiro centenario. Baixo a dirección de Rubén González Prieto, carpinteiro e artista, a construcción da cabana do árbore de Vilela proponse como un espazo pensado como lugar de encontro para as familias da comarca, creado de maneira colectiva e que perdure tanto na memoria como no territorio, para o seu uso e desfrute presente e futuro.

O inicio da actividade será o día 11 de outubro, e serán varias xornadas que rematarán coa consecución dunha xuntanza entre familias en Vilela!

Detalles

Comeza:
octubre 1, 2025 / 08:00
Finaliza:
octubre 25, 2025 / 17:00
Categoría del Evento:

Organizador

Quindos

Local

Casa quin2
Carretera de melide
Melide, Ourense 32400 España
+ Google Map
Teléfono:
606060606
Web:
casaquindos.org