- Este evento xa pasou.
curso: aproveitamento de madeiras autoctónas para pequenas construccións agrarias. seguridade no uso da motoserra.
septiembre 25, 2025 / 15:00 - septiembre 27, 2025 / 18:00

Durante esta formación aprendemos a recoñecer e aproveitar as madeiras autóctonas da montaña lucense para pequenas construcións agrarias. O curso combinou contidos teóricos e prácticos, abordando desde a selección das especies máis axeitadas ata as técnicas de corte, tratamento e ensamblaxe.
Un dos eixos centrais foi a seguridade no uso da motoserra, facendo especial fincapé nas boas prácticas, o mantemento das ferramentas e o uso correcto dos equipos de protección individual.
A actividade desenvolveuse nun ambiente participativo e colaborativo, onde cada persoa puido poñer en práctica os coñecementos adquiridos, compartindo tamén saberes tradicionais arredor da madeira e da construción rural.
Con este curso continuamos a nosa aposta pola formación práctica, o aproveitamento sostible dos recursos locais e a transmisión de coñecementos que fortalecen a identidade e a autosuficiencia da montaña lucense.



