Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento xa pasou.

Filandón Familiar: obradoiro Tecendo Redes

diciembre 28, 2025 / 12:00 - 17:00

Domingo 28 de decembro, en Vilela.

O filandón tradicionalmente chamábase as reunións veciñais onde mulleres e homes
facían traballos manuais mentres se contaban historias e se cantaba á beira do lume da
lareira. A través de esta acción crearemos un espazo para o encontro, esparexemento e
coidado compartido das nenas e nenos da comarca. Estas actividades veñen dar resposta
por unha banda a atender a necesidade que teñen as nenas e nenos de encontrarse e
compartir xogos cos seus semellantes fora do horario escolar e por outra banda atender as
necesidades dos pais de atoparse, compartir inquedanzas, experiencias e aprendizaxes nos
coidados dos menores.

O obradoiro «Tecendo Redes» proponse como unha xuntanza das familias da Comarca. A través desta xuntanza, tratarase de crear un espazo compartido entre familias para reflexionar sobre as súas necesidades, intereses e propostas nos Ancares. Preto do cabano que se construiu en anteriores actuacións, as persoas participantes reúnense para poñer en común as súas necesidades e dificultades. Ademais, propoñen ideas para a organización de futuros “filandóns”.

Haberá comida e chocolatada para os nenos.
Actividade de balde, financiada co apoio da Reserva da Biosfera dos Ancares lucenses.

Detalles

Fecha:
diciembre 28, 2025
Hora:
12:00 - 17:00
Categoría del Evento: