
- Este evento xa pasou.
limpeza do río ser con estudantes da comarca
octubre 17, 2022 / 10:30 - 17:30

O día 17 de outubro realizamos unha limpeza da contorna do Río Ser, así como dun vertedoiro acompañados por estudantes de 3º da ESO do IES de Becerreá e por veciños da contorna. Durante a xortada contamos coa participación de xente de ADEGA que amosou á rapazada diferentes especies de macroinvertebrados que serven como bioindicadores da calidade das augas.
A actividade foi financiada pola Deputación de Lugo no marco das axudas destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses para o desenvolvemento de actuacións de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios.