
- Este evento xa pasou.
obradoiro de construción de peches tradicionais de ancares
noviembre 12, 2021 - noviembre 14, 2021

O obxectivo deste obradoiro é aproveitar os recursos do monte e elaborar peches característicos de Ancares coñecidos coma porteleiras ou carrís. Estes peches eran o único xeito de que os animais non pasasen dunha propiedade a outra. Tamén chamados portelos, segundo o seu tamaño, estaban formados por dous paus chantados nos extremos abrindo cara arriba, as antas, e varios paus horizontais, os baldois, de diferentes tamaños para que ao metelos quedasen apertados. Un dos paus verticais leva varias furas e o outro un garzo ou suco de arriba a abaixo, de xeito que cada un dos baldois ten un extremo metido na primeira e o outro no segundo.
Duración: 16 horas
PROGRAMA
Corta e preparación de troncos para antas (postes verticais de peche)
Desbastado da cortiza
Cepillado para obtención dunha cara plana.
Elaboración de encaixes
Afiado de antas e medidas de conservación en terra
Preparación de valdois (paos de peche horizontais)
Colocación en terra das antas
Instalación dos valdois
Elaboración de cancelas
Obradoiro organizado en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo.









