Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento xa pasou.

obradoiro de produción de cogomelos shiitake en castiñeiros e rebolas

octubre 29, 2021 - octubre 31, 2021

A produción de cogomelos nos castiñeiros é compatible coa explotación da madeira e o aproveitamento da castaña, tres actividades que poden facerse de xeito simultáneo e armónico. Este obradoiro de iniciación no cultivo de cogomelos shiitake en troncos de castiñeiro está organizado en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo.

Duración : 20 horas

PROGRAMA
Formación teórica:
-A bioloxía dos fungos
-O micelio
-Especies de cogomelo que se cultivan sobre troncos
-A madeira
-Inoculación
-Incubación
-Produción
-Colleita e postcolleita

Formación práctica:
-Obradoiro de inoculación de shiitake
-Obradoiro de inoculación de cogomelo de Pleurotus ostreatus

Para facer a inscrición debes imprimir, cubrir e asinar o formulario que aparece na seguinte ligazón e enviarlo escaneado ou en foto a info@casaquindos.org ou a cfea.guisamo@edu.xunta.gal.

Máis información nos teléfonos 881881041 ou 881881043 ou en info@casaquindos.org ou cfea.guisamo@edu.xunta.es.

Detalles

Comeza:
octubre 29, 2021
Finaliza:
octubre 31, 2021