Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento xa pasou.

presentación da campaña <<gandería heroica>> coa cooperativa de gandeiros a carqueixa

marzo 14, 2021

 

Primeiro acto na sala multiusos da Casa Quindós. O cineasta Oliver Laxe, presidente da Asociación Ser, e o presidente da Cooperativa A Carqueixa Jose Antonio Díaz, presentaron a campaña audiovisual Gandería Heroica, un proxecto composto por vídeos e entrevistas a través dos cales o cineasta da a coñecer as artes, as prácticas e o modo de vida das persoas que compoñen a cooperativa. Os vídeos emitense nas redes de O Sabor dos Ancares, a innovadora ferramenta de comercialización online da carne de vacún de A Carqueixa. O obxectivo é divulgar como as persoas da cooperativa traballan na crianza dos seus animais, un conxunto de habilidades que compoñen o que Laxe e Díaz describen como «Gandería Heroica».

Nas propias palabras do cineasta, esa “gandería heroica, dos veciños que quedaron aquí, foi o que mantivo encendida a chama dos Ancares”. Laxe explicou que «estamos falando de moitas décadas no que o mundo lles dixo que o que facían non era lóxico nin rendible nin racional». Neste sentido conclúe que «con todo en contra, coidaron dos Ancares con esas invisibles vacas libres que salpican o paisaxe, esas que fan a trashumancia ata os Ancares bercianos, con todo o que iso implica a nivel cultural, paisaxístico e medioambiental».

Na rolda de prensa Laxe subrallou que «esta campaña pon o foco no traballo milenario que seguen facendo aquí os pastores : o pastoreo extensivo ”. Engadiu que cuando se compra carne de O Sabor dos Ancares, estase protexendo «un modo de vida e uns valores» que «seguirán existindo» e subrallou a importancia de iniciativas como esta para manter os Ancares como un espazo rico en biodiversidade. Pola súa parte e presidente da cooperativa, José Antonio Díaz, quixo reseñar a importancia de «dar a coñecer a nosa carne para poder manter a nosa vida no rural».

O sabor dos Ancares, a carne de Inditex

Este proxecto é outra das mostras da implicación de Laxe co lugar do que é orixinario. Recentemente o director foi crucial para que a multinacional galega Inditex visitase os Ancares e coñecese alí a «Gandería Heroica». Tras este encontro, chegaron a un acordo coa cooperativa, posibilitando que as persoas que traballan en Inditex leven xa varios meses degustando esta carne, que se serve en todos os comedores da empresa. De este modo, a cooperativa sinala que Inditex pretende seguir a súa política de traballo con produtos de proximidade e favorecer o traballo de pequenos produtores.

Detalles

Fecha:
marzo 14, 2021