Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento xa pasou.

visita de alumnado da ESO de navia de suarna, cervantes e becerreá

diciembre 15, 2021 - diciembre 17, 2021

A fotografía que encabeza estas líneas transmite de maneira moi precisa o espíritu da Asociación Ser. Vemos nela un grupo de castiñeiros novos rodeando a un vello castiñeiro caído hai corenta anos. Alrededor del tamén vemos alpacas dun prado que acaba de ser recentemente segado. Ao castiñeiro morto inxertouselle un mástil e unha vea cos que parece recobrar vida, e que pareza un barco vikingo, ou porque non, celta. Non hai mar nos Ancares, pero si cada vez máis creatividade, emprendemento, desacomprexamento, forza e vento nas veas para impulsar a comarca. Esta foto simboliza a unión de tradición e modernidade, do vello e do novo, do sector primario e do terciario, da cultura do esforzo, do traballo, co da creatividade.

Imos a convidar á mocidade da comarca a participar nunha xincana pedagóxica na que se fara fincapé da importancia do traballo realizado polos seus pais e nais, avós e avoas, na conservación dos valores polos que o territorio foi declarado Reserva da Biosfera. Elementos que subrayan a biodiversidade dos Ancares, coma o río Ser, os soutos e as fragas autóctonas, os prados de sega cos seus sistemas de rego, ou o proxecto experimental de silvopastoreo e control de mato con gando caprún coa que pretendemos facer prevención de incendios; xunto con elementos patrimoniáis e históricos coma o castro do Teso da Ermida ou as minas romanas dos Pradois, así como algunhas localizacións de O que arde. A través de preguntas, acertixos e de mapas, os alumnos irán atopando diferentes puntos descritos anteriormente, onde novas preguntas e probas lles serán formuladas. O obxectivo é que aprendan divertíndose. Facer forte neles valores de autoestima.

Detalles

Comeza:
diciembre 15, 2021
Finaliza:
diciembre 17, 2021