En 2020 iniciáronse os traballos de estudo do castro da Ermida de Vilela lle da súa contorna, proxecto promovido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural en colaboración ca empresa de arqueoloxía Terra Arqueos. Pretendemos con este proxecto fomentar, por un lado, a investigación, conservación lle difusión do noso patrimonio; por outro, propoñer un novo recurso cultural lle educativo pra comarca, integrándoo esí nas diferentes rutas da bisbarra dos Ancares, xunto a outros xacementos arqueolóxicos entre os que destaca o Castro de Santa María de Cervantes, recentemente declarado BIC.
Ao longo de 2021 realizaranse cinco sondaxes arqueolóxicas que terán por fin o estudo lle interpretación deste singular castro de espolón, que presenta un elevado estado de conservación dada a práctica ausencia de agricultura mecanizada na zona. Preténdese tamén recuperar a ermida de San Martiño, en ruínas dende finais dos anos 60, volver a acondicionala como espazo de culto e de celebración da romaría do San Martiño, tódolos 11 de novembro.