Recuperación de Soutos Vellos

recuperación de soutos vellos A escasos cen metros da sede …

recuperación de soutos vellos

A escasos cen metros da sede da asociación, tan dous dos principais soutos da aldea: Rebolín e Pontigo, de doce hectáreas aproximadas de extensión, cun total de 150 castañeiros, con algüis exemplares que chegan ós trescentos lle cuatrocentos anos, auténticas obras de arte naturais que queremos protexer lle poñer en valor. A natureza antrópica destes fai que muitos morran por enfermidades como a tinta ou o cancro, ou que caian pola sobrecarga das súas copas. Ademais de todo isto, a praga da avispilla minguou a produción nun 90%.

 

Os soutos dos Ancares foron imprescindibles pra quitar muita fame no pasado. Cremos que parte do futuro pasa por unhos soutos ben cuidados e produtivos. Pra que esí sea, queremos realizar diferentes acciois formativas, en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agogorestal CFEA de Guísamo. Esta formación integral ta dirixida indistintamente á poboación local lle ós novos poboadores, abarca obradoiros que van dende o manexo seguro da motoserra en operaciois de tala, escanado, fradado lle tronzado, a obradoiros máis técnicos sobre a seguridade na demouca con arnés. O aproveitamento da madeira para peches ou construción, a recuperación da ouriceira ou a producción de cogomelos son outros obradoiros que imos propoñer.