En 1999 un incendio chegou ao pé das casas de Vilela. Queimáronse unhas 50 hectáreas aproximadas de terreo e o horro de palla da Casa Quindós. As sucesivas décadas de abandono fain que Vilela teña tódolos anos, como a maioría das aldeas da montaña lucense, altas probabilidades de volver a ser ameazada polo lume. Nos graves incendios que padeceu Cervantes en 2017 demostrouse que as aldeas llos seus prados foron claves pra deter o lume. A conservación das prácticas gandeiras tradicionais son, polo tanto, o mellor factor de prevención de incendios lle conservación da biodiversidade.
A FAO publicou recentemente un estudo que destaca os beneficios medioambientais e produtivos do silvopastoreo (a práctica de integrar árbores, forraxes e pastoreo de animais domesticados dun xeito mutuamente beneficioso). Estas investigaciois vein a contradicir outros estudos previos que consideraban a gandaría coma un dos sectores máis contaminante do mundo, estudos que se limitaban á gandaría intensiva (estabulada) sen ter en conta a gandaría extensiva ou silvopastoreo, a que se practica en Ancares. A existencia destas aldeas lle dos seus habitantes gandeiros tan, polo tanto, a realizar un labor medioambental que reverte na sociedade enteira.
Dende a Asociación Ser queremos que perduren as formas de vida tradicionais ligadas á gandaría lle que se recuperen algunhas prácticas perdidas. Nas aldeas situadas nas partes altas das montañas, as menos adversas orograficamente e, polo tanto, mecanizables, optouse recentemente polo uso do gando vacún, tendo desaparecido os gandos ovino e caprino. Desde a Asociación Ser cremos que o gando caprino é unha posible solución á adversidade orográfica das aldeas dos vales da montaña como Vilela, e ó seu consecuente abandono pola súa falta de produtividade.
Acabamos de introducir un grupo de cabras no noso monte comunal coas que pretendemos:
- Reconverter fincas abandonadas en estado arbustivo en prados, por medio de rareos puntuais feitos por medios mecánicos que buscan o fortalecemento recíproco entre árbores, pasto, terra, gando e fauna salvaxe.
- Reforzar así a función de cortalumes naturais destes prados.
- Promover unha nova actividade económica complementaria, que sexa replicable lle que axude a fixar poboación, buscando ao mesmo tempo canles de distribución innovadoras que dinamicen a venta destes produtos.
- Promover lle realizar estudos que demostren os beneficios medioambientais do pastoreo en Ancares: fixación de CO2, retención da auga, retención lle coidado da terra lle prevención de incendios.
En Vilela tamén contamos con vacas, ovellas e burros.
Estamos a levar a cabo este proxecto en colaboración coa Granxa Teixeiro e Pistón lle a Cooperativa A Carqueixa